LISTAXES AXUDAS FONDO LIBROS PARA O CURSO 2024/2025

Desde hoxe están publicadas, no taboleiro de anuncios interior do colexio, as listaxes provisionais coas axudas para adquisición de material e libros así como fondolibros (3º, 4º) co número de libros que corresponden a cada alumno. Poderedes pasar polo centro a consultalas ou chamando ao teléfono do centro en horario de 10 a 12 horas. 981311813

O vindeiro mércores 10 de xullo sairán publicadas as listaxes definitivas especificando os libros que corresponden a cada alumno.

A partir dese mércores 10 de xullo e ata o venres 12 incluído poderanse recoller os vales asignados. Poderá facelo calquer familiar ou achegado identificándose co seu DNI/NIE. De non poder recollelos nestas datas poderá volver facerse desde o luns 2 de setembro ao mércores 4. O horario para estes trámites é o de oficina (de 10:00 a 12:00).

Os libros do fondo correspondentes repartiraos cada titor ao seu alumnado unha vez comezado o curso, en setembro.

Para consultar as listaxes (provisionais ou definitivas) podedes acudir ao centro ou chamar por teléfono no horario de oficina correspondente (10:00 a 12:00). 981311813