SAMAÍN 2024
Chegou a semana do Samaín! Como cada curso, no noso colexio, festexaremos as tradicións populares unha vez máis.
CONCURSO DE CABAZAS
Participan os cursos de 3º a 6º de Primaria.
- 3º e 4º de Primaria en parellas seguindo as indicacións dos titores. (Parellas feitas por cada titor na clase).
- 5º e 6º de xeito individual seguindo tamén as indicacións dos titores.
Para a elaboración das mesmas deberán traer as cabazas como indiquen os titores o vindeiro luns 28. So poden vir baleiras pero non ornamentadas (decoraranse na aula).
DESFILE
As cabazas estarán expostas no colexio e sairán co tradicional desfile que terá lugar o mércores 30 entorno ás 12:15, se o tempo o permite. Será desde o colexio até a Asociación de Veciños do Ensanche, onde permanecerán expostas toda a ponte.
DISFRACES
Para o desfile, o alumnado deberá vir o mércores 30 vestido de cor negra cos tenis do colexio. O disfraz farase na clase.
Aproveitamos para lembrar que o vindeiro xoves 31 de outubro non é lectivo por ser declarado pola xunta Día do ensino.
A Dirección