ELECCIÓNS DOS REPRSENTANTES DE NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS, MESTRES E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS AO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO LUDY.
De acordo coa resolución do 10 de setembro de 2024 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG 29 de setembro), a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.
No noso colexio corresponde a renovación parcial do mesmo (a metade dos membros de cada sector).
O censo de persoas candidatas por todos os sectores está publicado no taboleiro de anuncios interior do centro dese hoxe, mércores 30 de outubro. Podedes comprobar os mesmos, cotexar os vosos datos e, se fose preciso, presentar reclamación até 6 de novembro.
Calquera pai/nai/titor legal, mestre, ou persoal de administración e servizos pode ser candidato e polo tanto presentar a súa candidatura contactando con nós das seguintes formas:
- Mediante correo electrónico (cpr.ludy@edu.xunta.gal).
- Presencialmente, e cumprimentando o formulario que teremos á vosa disposición na secretaría do centro.
- Por vía telefónica (981311813).
O prazo para a presentación das mesmas será do 1 ao 8 de novembro.
O sorteo dos membros das mesas electorais de pais/nais/titores legais e PAS realizarase en acto público o día 11 de novembro ás 16h. Dita mesa estará composta pola directora do centro, que actuará como presidenta e catro pais/nais ou titores legais.
As votacións realizaranse no centro o día 19 de novembro de 17 a 18.30h. Cada elector fará constar un máximo dun nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade á hora de
votar mediante DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal dos alumnos.
Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do centro, que resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
A presidenta da Xunta Electoral.