NADAL NO LUDY

É TEMPO DE NADAL!

  • Nadal solidario. Pedimos a colaboración das familias para a doazón de alimentos á Cociña Económica da cidade. Nesta ocasión dinnos que agradecerían calquera dos seguintes: (leite, aceite, vinagre e atún; en formato grande ou individual). Poderedes participar doando o que consideredes traéndoo ao colexio a partir do día 11 de decembro e ata o 18 ás 9 horas.
  • Visita do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. As personalidades máxicas visitarán o centro na última semana deste trimestre.
  • Último día, 20 de decembro . Festival para o alumnado. Revista O mensaxeiro Ludicol e  notas.

O último día recoméndase que o alumnado veña ao colexio con complementos ou prendas relacionadas co Nadal. Ademais tamén se aconsella como merenda dese día doces destas datas.

Como noutros cursos publicarase a revista trimestral “O mensaxeiro Ludicol” con traballos de todos os cursos.

As notas publicaranse por ABALAR o mesmo día 20 ás 14 horas. Cada alumno tamén levará copia impresa do boletín.

  • O comezo do 2º trimestre será o mércores 8 de xaneiro. Lembrade traer os libros de lectura obrigados para E. Primaria indicados para o 2º trimestre. Esta listaxe publicarase a semana que vén.

Bo Nadal!

A Dirección