RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2025-2026)

15/01/2024

Comeza o prazo para facer efectiva a Reserva en 1º da ESO no centro do que o Colexio Ludy é adscrito, o IES Concepción Arenal.

Este prazo abrangue desde o mérecores 15 de xaneiro até o martes 4 de febreiro.

O alumnado de 6º curso de Primaria levará a casa o anexo correspondente para formalizar dita solicitude. Unha vez cumprimentada entregarase ao mestre/titor. De non entregarse a mesma no prazo establecido o alumno perdería a RESERVA en dito centro.

Cremos que este é o xeito máis cómodo de facelo pero tamén existe a posibilidade de facelo telemáticamente seguindo as instrucións anexas neste artigo.

A dirección.