|

ENTROIDO 2025               

Como en anos anteriores, o noso MECO  indicará desde hoxe venres os mandatos a seguir desde o luns 24 ao xoves 27. Os mestres titores encargaranse de explicalo ao alumnado e tamén estará no propio boneco e nas redes sociais do colexio diariamente. Como adianto vai tamén van tamén ao final desta circular.

O venres 28, se o tempo o permite, desfilaremos todos os cursos cos disfraces feitos nas aulas. Todo o alumnado deberá vir de negro agás 2º de Primaria que o fará de branco ou beige, e cos tenis do colexio como base para o disfrace. O desfile está previsto para as 12 horas e será ata a praza circular do Inferniño. Recoméndase que os grupos que non teñen protocolo de alerxias traian merendas típicas desta festa.

Pola tarde Festa de Entroido e mercadiño solidario para recadar fondos para a excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º de Primaria. Os mestres estaremos nos nosos postos polo que non poderemos encargarnos de atender ao alumnado. Na festa haberá:

  • Concurso de disfraces. (3 premios individuais, 1 á mellor parella, 1ao mellor grupo e 1 á mellor familia)
  • Cafetería.
  • Venda de todo tipo de doces e obxectos.
  • Música, baile, actividades…

Esta festa será o venres 28 entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Desexamos volver pasalo ben toda a comunidade educativa xunta.

Animádevos e convidade ás vosas amizades!

De volta está o Meco do cole Ludy.

O Entroido imos gozar,

igualiño que cando á natureza

imos pasear.

Este ano ás nosas fragas

imos viaxar.

LUNS 24MARTES 25MÉRCORES 26XOVES 27VENRES 28
  Para as nosas árbores o luns recordar, carballos, bidueiros, castiñeiros, … onde os paxariños andan a casar, un toque de cor verde has levar (diadema, lazos, roupa, cara pintada, …)  Un animal das nosas fragas imos semellar… Antenas, cornos ou orellas, … este martes na cabeza imos colocar.    Un colar ou coroa de elementos naturais (follas, flores, madeira, sementes, …) has elaborar para o mércores un trasno semellar.  Este xoves pasiño a pasiño imos andando o camiño, botas nos pés e gafas de sol lucirás e pola fraga do Ludy pasearás.O venres temos que ir de troula. De natureza e vida presumirás. De arriba abaixo da cor solicitada vestirás. Todos xuntos, a fraga do Ludy, co noso MECO imos festexar. De animais, árbores, cogomelos e trasnos da fraga as rúas imos recorrer amosando a importancia da natureza que sempre hai que protexer. De volta no colexio bailaremos e riremos, lambadas merendaremos! Viva o Entroido, viva o Ludy!!  

                                                                                              A Dirección