AXUDAS FONDOLIBROS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL DE CARA AO CURSO 2025_26.
AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO:
- Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2025/2026 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.
AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:
- Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2025/2026 cursen Educación Primaria.
FONDO SOLIDARIO (banco de libros):
- Destinatarios: alumnado que o vindeiro curso 2025/2026 cursen 3º e 4º de Educación Primaria.
- O alumnado que foi beneficiario este curso do fondo de libros deberán devolver os libros antes do 20 de xuño seguindo as indicacións do titor. De non ser así perdería o dereito a estas axudas.
- 5º e 6º de primaria, en principio, non entrará no Fondo Solidario porque están dentro do proxecto EDIXGAL no que cada alumno terá un portátil de empréstamo e material dixital de balde, só se poderán solicitar as axudas do punto anterior para adquirir material. EDIXGAL xa está concedido para todos (non é necesario facer nada por agora).
As familias poderán solicitar estas axudas ata o venres 20 de xuño (é preferible entregar as axudas canto antes por se houbese que correxir ou enmendar erros ou documentos), cubrindo os anexos I e II (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os fillos matriculados en Educación Primaria neste centro) e entregando a seguinte documentación:
- Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. No caso de non telo, certificado de empadroamento, certificado de convivencia ou Informe de Servizos Sociais.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
- No caso de discapacidade do alumno, do solicitante ou dalgún membro da Unidade Familiar: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A data de referencia é ata o 20 de xuño de 2025.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.
- Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Atendendo ás indicacións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a solicitude pode facerse de 3 maneiras, preferiblemente, pola opción 1 (vía telemática).
- Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase no Colexio. LUNS (17:30 – 18:30 ) e MARTES (17:30 – 18:30)
- Na oficina do Colexio. LUNS (17:30 – 18:30 ) e MARTES (17:30 – 18:30)
Máis información no DOG do xoves 15 de maio / Orde do 28 de abril de 2025
Tamén en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
ANEXO I_II para cumprimentar e presentar a solicitude. https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231387458