Samaín 2025
Chegou a semana do Samaín! Como cada curso, no noso colexio, festexaremos as tradicións populares unha vez máis.
CONCURSO DE CABAZAS
Participan os cursos de 4º a 6º de Primaria.
De xeito individual, seguindo as indicacións dos titores, deberán traer unha cabaza cada un (de tamaño pequeno pensando en que o xoves terán que levala desfilando) e os adornos ou material que consideren, o vindeiro martes 28. Poden vir baleiras pero non ornamentadas (decoraranse na aula).
DESFILE
As cabazas estarán expostas no colexio e sairán co tradicional desfile que terá lugar o xoves 30 entorno ás 12:15, se o tempo o permite. Será desde o colexio até a Asociación de Veciños do Ensanche, onde permanecerán expostas toda a ponte.
DISFRACES
Para o desfile, o alumnado deberá vir o xoves 30 vestido de cor negra cos tenis do colexio. O disfraz farase na clase.
Aproveitamos para lembrar que o vindeiro venres 31 de outubro, luns 3 e martes 4 de novembro non son lectivos. Retómanse as clases o mércores 5 de novembro.
A Dirección
