Actividades do Nadal 2025

  • Nadal solidario. Pedimos a colaboración das familias para a doazón de alimentos á Cociña Económica da cidade. Nesta ocasión dinnos que agradecerían calquera dos seguintes: leite, botellas de auga pequenas, zumes, legumes, produtos de nadal e cacao e café soluble.

Poderedes participar doando o que consideredes traéndoo ao colexio a partir do día 2 de decembro e ata o 17 ás 9 horas.

  • Visita do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. As personalidades máxicas visitarán o centro na última semana deste trimestre.
  • Como cada curso levaremos a cabo o concurso de postais que se elaborarán no centro. As escollidas de cada categoría serán as empregadas para felicitar o Nadal.
  • O día 18 de decembro a ANPA LUDY celebra unha festa de Nadal entre as 17 e as 20 horas á que estades todxs convidadxs.
  • Último día, 19 de decembro . Festival para o alumnado. Revista O mensaxeiro Ludicol e  notas.

O último día recoméndase que o alumnado veña ao colexio con complementos ou prendas relacionadas co Nadal. Ademais tamén se aconsella como merenda dese día doces destas datas (só nas aulas nas que se pode traer merenda).

Como noutros cursos publicarase a revista trimestral “O mensaxeiro Ludicol” con traballos de todos os cursos.

As notas publicaranse por ABALAR o mesmo día 19 ás 14 horas. Cada alumno tamén levará copia impresa do boletín.

  • O comezo do 2º trimestre será o xoves 8 de xaneiro. Lembrade traer os libros de lectura indicados para E. Primaria para o 2º trimestre. Esta listaxe publicarase a semana que vén.

Bo Nadal!

A Dirección