RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2026-2027)

Comeza o prazo para facer efectiva a Reserva en 1º da ESO no centro do que o Colexio Ludy é adscrito, o IES Concepción Arenal.

Este prazo abrangue desde o xoves15 de xaneiro até o mércores 4 de febreiro.

O alumnado de 6º curso de Primaria levará a casa o anexo correspondente para formalizar dita solicitude. Unha vez cumprimentada entregarase ao mestre/titor. De non entregarse a mesma no prazo establecido o alumno perdería a RESERVA en dito centro.

Aquel alumnado que non elixa dito centro de adscrición non terá que realizar este trámite. Pasará directamente a presentar a admisión o 1 de marzo no centro que considere.

Cremos que este é o xeito máis cómodo de facelo pero tamén existe a posibilidade de facelo telemáticamente seguindo as instrucións anexas neste artigo.

A dirección.

Impreso para reserva (galego)

Impreso para reserva (castelán)

Manual para as familias que desexen facer a solicitude telemáticamente.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/