ENTROIDO 2026
Como en anos anteriores, o noso MECO indicará desde hoxe venres os mandatos a seguir desde o luns 9 ao xoves 12 de febreiro. Os mestres titores encargaranse de explicalo ao alumnado e tamén estará no propio boneco e nas redes sociais do colexio diariamente. Como adianto vai tamén ao final desta circular.
O venres 13 de febreiro, se o tempo o permite, desfilaremos todos os cursos cos disfraces feitos nas aulas. O desfile está previsto para as 12 horas e será ata a praza circular do Inferniño. Recoméndase que os grupos que non teñen protocolo de alerxias traian merendas típicas desta festa.
O alumnado deberá vir ao centro vestido do seguinte xeito:
- Infantil (3 e 5 anos). Partes de arriba e abaixo de negro.
- Infantil 4 anos. Parte de arriba de branco e parte de abaixo indiferente porque non se ve.
- 1ºde Primaria. Parte de arriba (camisa de cadros) e parte de abaixo (pantalón vaqueiro).
- 2º de Primaria. Parte de arriba e abaixo de negro.
- 3º e 4º de Primaria. Parte de arriba e de abaixo (branco).
- 5º e 6º de Primaria. Parte de arriba (branco) e parte de abaixo (branco ou cor clara).
TODOS cos tenis do colexio como base para o disfrace.
Pola tarde Festa de Entroido e mercadiño solidario para recadar fondos para a excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º de Primaria. Os mestres estaremos nos nosos postos polo que non poderemos encargarnos de atender ao alumnado. Na festa haberá:
- Concurso de disfraces. (3 premios individuais, 1 á mellor parella, 1ao mellor grupo e 1 á mellor familia)
- Cafetería. (A cargo da ANPA)
- Venda de todo tipo de doces e obxectos.
- Música, baile, actividades…
Esta festa será o venres 13 entre as 17:00 e as 20:00 horas.
Desexamos volver pasalo ben toda a comunidade educativa xunta.
Animádevos e convidade ás vosas amizades!
XA CHEGOU O ENTROIDO,
XA CHEGOU O MECO!!
De traballo vai este ano!
| LUNS 9 | MARTES 10 | MÉRCORES 11 | XOVES 12 | VENRES 13 |
| Para poder lembrar quen en Galiza anda a traballar un mandil, bata ou mandilón has levar! Pois lévao o cociñeiro, o ferreiro e tamén a costureira e a panadeira! | Seguimos a marcar, un sombreiro, pano ou boina debes levar se un oficio queres imitar! | No pescozo has de colocar, aquel accesorio que máis vas usar… para beneficio do teu oficio, cordeis, cintas métricas, mangueiras, panos, estetoscopios… | Honrarás ao calzado que a todo os oficios valerá! Unhas botas de goma! verdes, marróns, negras ,amarelas … de tódalas cores para todos os traballadores Busca as túas pola casa E a ver que pasa! | Chegou o dia grande , venres de entroido!! Da cor que que diga o teu titor ou titora chegarás á hora!! O Meco sairá e os oficios da Galiza o acompañaran outro ano máis na praza arderá!! De festa pola Manhá e de festa pola tarde… A festa está servida! As túas lambadas traerás E moito moito gozarás!! |
A Dirección
