AXUDAS FONDOLIBROS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL DE CARA AO CURSO 2026_27.

AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

  • Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2026/2027 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

            AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

  • Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2026/2027 cursen Educación Primaria.

FONDO SOLIDARIO (banco de libros):

  • Destinatarios: alumnado que o vindeiro curso 2026/2027 cursen 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • O alumnado que foi beneficiario este curso do fondo de libros deberán devolver os libros  antes do 19 de xuño seguindo as indicacións do titor. De non ser así perdería o dereito a estas axudas.
  • 5º e 6º de primaria terá EDIXGAL HÍBRIDO polo que cada alumno terá un portátil de empréstamo, material dixital de balde e tres libros de texto. Os portátiles xa están concedidos, non é necesario facer nada. A axuda tanto para fondolibros como para material deste alumnado solicitarase do mesmo xeito que de 1º a 4º.

As familias poderán solicitar estas axudas ata o venres 19 de xuño (é preferible entregar as axudas canto antes por se houbese que correxir ou enmendar erros ou documentos), cubrindo os anexos I e II (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os fillos matriculados en Educación Primaria neste centro) e entregando a seguinte documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar – tódalas páxinas escritas. No caso de non telo, certificado de empadroamentocertificado de convivencia ou Informe de Servizos Sociais.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
  • No caso de discapacidade do alumno, do solicitante ou dalgún membro da Unidade Familiar: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A data de referencia é ata o 19 de xuño de 2026.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.
  • Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Atendendo ás indicacións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  a solicitude pode facerse de 3 maneiras, preferiblemente, pola opción 1 (vía telemática).

  1. Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  2. Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase no ColexioDe luns a venres (11:00 – 12:00) e martes (16:00 – 17:30)
  3. Na oficina do Colexio.  De luns a venres (11:00 – 12:00) e martes (16:00 – 17:30)

Máis información no DOG do luns 18 de maio / ORDE do 29 de abril de 2026

Tamén en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ANEXO I_II para cumprimentar e presentar a solicitude. https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231662672/Solicitude%20%28Anexo%20I%29.pdf