CIRCULAR FIN DE CURSO 2025/2026
- O último día lectivo é o venres 19. Este curso, seguindo as indicacións da orde do calendario escolar da Xunta de Galicia, as notas non sairán publicadas ata o martes 23 de xuño, a través do aplicativo ABALAR.
- Excursións:
- O xoves día 4 de xuño o alumnado de 6º de E. Infantil representarán a obra de teatro “O país dos mandós” no Teatro Jofre ás 10 hs, irán como público o resto dos cursos de Infantil e 1º e 2º de Primaria. O mesmo día 4 de xuño o alumnado de 6º de E. Primaria representará a obra “A música de Sabela” no mesmo teatro pero ás 12 hs. Irán como público 3º e 5º de Primaria. O importe do bus corre a cargo da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, dentro do ciclo Teatro con G.
- Educación Primaria (5º- 6º). Acampada desde o 10 ao 12 de xuño no Grove.
- Educación Infantil. Excursión a Lago. Luns 15 de xuño (mañá e tarde)
- Educación Primaria (1º-4º). Excursión a Cedeira. Xoves 18 de xuño (mañá e tarde)
- A festa de fin de curso con actuacións de E. Infantil , 2º, 4º e 6º de Primaria será o mércores 17 de xuño para todo o alumnado pola mañá e ás 17:00 hs para as familias dos alumnos que actúen. Por cuestións de aforo non asistirán o resto dos cursos. Permitirase un máximo de 3 persoas por alumno. Pola mañá deberán vir vestidos coa roupa que indique cada titor ao igual que pola tarde. Os alumnos que actúen deberán estar no centro ás 16:30 hs e ás 17:00 abriranse as portas ás familias. Durante a festa os alumnos estarán co seu mestre titor ata que remate a mesma. O profesorado non se pode facer cargo dos menores convidados que asistan como público pola tarde.
- O venres 19 de xuño todo o alumnado traerá o chándal do colexio obrigatoriamente, xa que celebraremos as Ludyolimpiadas, un evento deportivo no que realizan distintas actividades físicas. Farémolas na nosa rúa Río Lambre e participará todo o alumnado a partir das 10 hs aproximadamente. Por suposto, estamos desexando que asistades a compartilas con nós e así poder ver aos vosos fillos. Do mesmo xeito todas as familias que o desexedes estades convidadas a participar nas carreiras. Avisarase por megafonía ao final.
- A partir do día 22 de xuño sairá publicada a edición nº 50 da Revista Compa.
- O acto de despedida de 6º de Primaria será o xoves 25 de xuño ás 11:30 hs. Será para dito alumnado e acompañantes.
- Lembrade que o último día para a presentación de solicitudes de axudas para a adquisición de libros e material de cara ao curso que vén é o venres 19 de 11 a 12 hs (pregamos respectedes o horario para poder atender ben ao alumnado no seu último día lectivo). Estade atentos ás publicacións que faremos sobre as listaxes das axudas. Lembrámosvos que o horario é de luns a venres de 11 a 12 hs e os martes de 16 a 17:30 hs. Os alumnos beneficiarios do banco de libros deberán ter devoltos os mesmos antes do 19 de xuño segundo as indicacións dos mestres titores.
- A listaxe de libros e material de Infantil e Primaria para o vindeiro curso sairá publicada o 25 de xuño.
Grazas un curso máis pola vosa confianza no colexio Ludy.
Felices vacacións!
A Dirección.
