INICIO DE CURSO 2026-2027
COMEZO DAS CLASES O MÉRCORES 9 DE SETEMBRO NO SEGUINTE HORARIO:
- Ed. Infantil: 9:00 – 13:50
- Ed. Primaria: 9:00 – 14:00
Todo o alumnado entrará pola porta principal agás o de 4º Ed. Infantil (3 anos) que entrará pola súa aula. A saída será dependendo do curso:
- 3 anos pola súa porta (rúa Ourense).
- 4 e 5 anos pola porta principal.
- 1º de Primaria pola porta de 1º (rúa Ourense).
- 2º, 3º e 6º de Primaria pola porta principal.
- 4º e 5º de Primaria pola súa porta (rúa Ourense).
O centro abrirá a porta principal desde as 8:50 e pechará ás 14:05. Dispoñemos dun servizo de saídas tardías (de pago) ata as 14:30.
O alumnado de E. Infantil e Primaria traerá o mandilón da casa os luns e levarao os venres. O mandilón de Primaria é obrigatorio ata 4º inclusive. O mandilón de comedor, así como os útiles para a hixiene bucal (cepillo e pasta só para usuarios que permanecen ata as 16 hs.), irán diariamente para casa.
A MERENDA
E. Infantil realizarase co seguinte calendario:
| LUNS: Pan, pauíños | MARTES: Lácteos | MÉRCORES: Froita fresca (preparada para comer) | XOVES: Galletas. | VENRES: Bocadillo. |
(agás 5 anos que ten protocolo de alerxia).
O alumnado de Primaria pode traer a merenda que queira sempre que sexa saudable (Agás 1º de Primaria que ten protocolo de alerxia).
Non poderán traer xoguetes nin obxectos da casa. Todo o alumnado terá que traer diariamente unha mochila ou bolsa de merenda pequena: unha botella de auga co nome posto cada día, un paquete pequeno de panos de papel e a merenda. O alumnado de 5 anos e 1º de Primaria non traerá merenda de media mañá por ter nas súas aulas un protocolo de alerxias, serán as mestras titoras as encargadas de mercalas ao longo de todo o curso.
En E. Infantil traerán una caixa de tissues ao principio de curso, para quedar na aula. É imprescindible que todo o que veña da casa veña marcado co nome.
As TITORÍAS e comunicacións serán como norma xeral os martes, previa cita co mestre titor, de 16 a 17 horas ou outro día acordado por ambas partes.
As reunións de inicio de curso dos titores coas familias terán lugar:

*Durante estas reunións as familias traerán o material escolar do alumnado. O material, os libros e a roupa deberá vir marcados co nome do alumno.
O mércores 9 (primeiro día) podedes acompañar aos nenos ata o patio. Haberá unha breve presentación de inicio do curso no Salón de Actos para todas as familias e para o alumnado de Primaria. Virán vestidos co uniforme e traerán a merenda exceptuando as aulas con protocolo de alerxia (5 anos e 1º).
O alumnado de 5º e 6º poderá ir para casa só desde o 1º día sempre e cando teña entregada a autorización que facilitarán os titores nas reunións pertinentes.
SERVIZOS:
Todos os servizos, madrugadores e comedor, comezan o primeiro día de clase (mércores 9 de setembro).
- O servizo de MADRUGADORES terá a entrada pola aula de 3 anos (Rúa Ourense) a partir das 7:30, ben como servizo de almorzos ou como gardería. A hora límite de entrada para os almorzos será ás 8:30 e para o servizo de gardería 8:45.
- O hora de saída do servizo de COMEDOR será ás 15:00 ou ás 16:00 hs, pola porta principal.
- O servizo de SAÍDAS TARDÍAS será de 14:05 a 14:30 (non fraccionable).
Para apuntarse a estes servizos para o día 9 de setembro debedes chamar por teléfono o venres 4 ou luns 7 entre as 9:30 e as 13:00. Para utilizar os servizos no futuro entregaremos un formulario para anotarse o primeiro día de clase.
Este ano volveremos ofertar unha ampla variedade de actividades EXTRAESCOLARES (cociña, patinaxe, francés, multideporte, artesanía, baile, guitarra.. e algunhas outras de carácter innovador e entretido), a partir das 16:00 horas, de luns a xoves. Do mesmo xeito e paralelo a estas actividades ofreceremos un ESPAZOCONCILIA no que a xeito de ludoteca ofreceremos atención ao alumnado de luns a xoves de 16 a 18 hs. (Informaremos nos vindeiros días).
Descoñecemos se se levará a cabo a actividade de natación este curso polas obras nas instalacións. Informaremos tan pronto teñamos noticias.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.
| Luns a venres de 10:00 a 12:00 Martes de 16:00 a 17:30 | ![]() |
Benvidos ao curso 2026-27! A Dirección

