ELECCIÓNS DOS REPRSENTANTES DE NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS, MESTRES E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS AO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO LUDY.
De acordo coa RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para realizar eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 4 de setembro), a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.
No noso colexio corresponde a renovación parcial do mesmo.
O censo de persoas candidatas por todos os sectores está publicado no taboleiro de anuncios interior do centro dese hoxe, martes 20 de outubro. Podedes comprobar os mesmos, cotexar os vosos datos e, se fose preciso, presentar reclamación até o 2 de novembro.
Calquera pai/nai/titor legal, mestre, ou persoal de administración e servizos pode ser candidato e polo tanto presentar a súa candidatura contactando con nós das seguintes formas:
- Mediante correo electrónico (cpr.ludy@edu.xunta.gal).
- Presencialmente, e cumprimentando o formulario que teremos á vosa disposición na secretaría do centro.
- Por vía telefónica (981311813).
O prazo para a presentación das mesmas será do 21 ao 31 de outubro.
O sorteo dos membros das mesas electorais de pais/nais/titores legais realizarase en acto público o día 10 de novembro ás 17:30. Dita mesa estará composta polo director do centro, que actuará como presidente e catro pais/nais ou titores legais.
Este ano as votacións poderán facerse de forma telemática, a través do aplicativo ABALAR do 11 ao 17 de novembro. Unha vez feito deste xeito xa non se poderá votar de forma presencial.
As votacións presenciais, no centro, serán o día 24 de novembro de 17 a 18.30h. Cada elector fará constar un máximo dun nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade á hora de votar mediante DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto, non delegable e non se admitirá o voto por correo.
Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal dos alumnos.
Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do centro, que resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Ferrol, 20 de outubro de 2026
O presidente da Xunta Electoral. Xil López Sánchez
