SAMAÍN
Chega a semana do Samaín! Como cada curso, no noso colexio, festexaremos as tradicións populares unha vez máis.
CONCURSO DE CABAZAS
Participan os cursos de 4º a 6º de Primaria.
Estes cursos, de xeito individual e seguindo as indicacións dos titores, deberán traer unha cabaza cada un (de tamaño pequeno pensando en que o venres 30 terán que levala desfilando) e os adornos ou material que consideren, o vindeiro mércores 28. Poden vir baleiras pero non ornamentadas (decoraranse na aula).
DESFILE
As cabazas estarán expostas no colexio e sairán co tradicional desfile que terá lugar o venres 30 entorno ás 12:15, se o tempo o permite. Será desde o colexio até a Asociación de Veciños do Ensanche, onde permanecerán expostas toda a ponte.
DISFRACES
Para o desfile, o alumnado deberá vir o venres 30 vestido de cor negra cos tenis do colexio, excepto 1º e 2º de Ed. Primaria que virá de branco ou beige claro. Os disfraces faranse na clase.
Aproveitamos para lembrar que o vindeiro luns 2 de novembro non será lectivo. Retómanse as clases o martes 3 de novembro.
A Dirección
