biblioteca
Todas as entradas á paxina da nosa biblioteca.
-
-
Entrevista a María Canosa
Dous libros, “A cazadora de estrelas” en 4º e “Muriel” en 6º foron a excusa para contar coa inestimable presencia de María Canosa no colexio Ludy. Logo de dúas sesións sobre as obras con cuestións e sinatura de libros chegou o momento da entrevista na radio. María como sempre, xenial.
-
Entrevista a Sabela Fernández Trelles
Aproveitando a visita da escritora aos grupos de 1º e 2º con motivo das lecturas “Que queres ser de maior, pequena?” e “O ladrón de soños” convidamos a Sabela a pasar pola nosa radio e formularlle así unhas preguntiñas.
-
Día de Rosalía
Hoxe 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e esta semana na biblioteca dedicámoslla a ela. Coñecemos un pouco máis sobre a súa vida e as súas obras e respondemos preguntas co noso dado XL, situamos no mapa os lugares máis representativos para a escritora e desciframos mensaxes secretas. Moitas cousiñas aprendidas…
