Dentro da oferta de espazos e materiais TICs que ofrece o centro contamos con interectividade en todos os encerados do colexio e dúas pantallas interactivas de última xeración nas aulas dixitais de 5º e 6º, Financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU e apoiado pola Xunta de Galicia.

Obxectivos das dúas aulas dixitais subvencionadas.

  • A impartición normal das áreas de cada curso polo titor e especialistas. Lembremos en 5º a través dos equipos EDIXGAL.
  • Ao ser aulas que consideramos estarán dotadas dixitalmente de infraestruturas e elementos adecuados, serán aulas de referencia para charlas pedagóxicas e coloquios de organismos oficiais e educativos de cara a familias, alumnado de todos os cursos da primaria e infantil.
  • Primeiro contacto coa planificación dos programas da nosa radio e televisión escolar, onde a través de propostas lanzadas polo alumnado e baixo a supervisión do mestre se programarían os proxectos para levar a cabo. Nestes obradoiros de radio e televisión participa todo o alumnado do centro.
  • Lugar de formación para o profesorado en horas extraescolares polas características anteriormente mencionadas.
  • Aula de pais, en horario extraescolar, para impartir cursos a familias. Proxectados xa a través do concello e da asociación Asfedro os de mediación social para superar conflitos ou desordes cotiás así como de incorporación ás tecnoloxías educativas e de contacto coas institucións e administración.

Do mesmo xeito, aula de informática, maker e conexión cableada por todo o colexio con puntos wifi nas aulas EDIXGAL.

A continuación o Plan Dixital vixente e os obxectivos perseguidos.