O Colexio Ludy destaca a igualdade e o respeito cara a todo o mundo como valores fundamentais no ensino.


O ensino ten carácter individualizado, persoal e humano. O noso esforzo está en desenvolver e potenciar a formación integral dos nenos e nenas nun ambiente de convivencia e proxección do alumnado de cara ao futuro.

Temos por norma sumarnos ás actividades educativas e culturais promovidas pola Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e outras entidades, cando estas actividades se axustan ás necesidades competenciais e curriculares así como ás posibilidades do alumnado.

Un dos obxectivos primordiais do Colexio Ludy é a modernización e acondicionamento das instalacións e recursos para aducualos aos tempos actuais e normativas: un claro exemplo é a inclusión no Proxecto Edixgal. Este obxectivo mantense e actualiza con inversións continuas neste aspecto.

En cada novo ano académico, a oferta en servizos e actividades renóvase e amplíase, acorde ás necesidades actuais e ás novas tecnoloxías.