LISTAXES E VALES, FONDO LIBROS, CURSO 2023-24

Desde hoxe están publicadas, no taboleiro de anuncios interior do colexio, as listaxes provisionais coas axudas para adquisición de material e libros así como fondolibros (3º, 4º) co número de libros que corresponden a cada alumno.

O vindeiro luns 10 de xullo sairán publicadas as listaxes definitivas especificando os libros que corresponden a cada alumno.

A partir dese luns 10 de xullo e ata o venres 14 incluído poderanse recoller os vales asignados. Poderá facelo calquer familiar ou achegado identificándose co seu DNI/NIE. De non poder recollelos nestas datas poderá volver facerse o venres 1 de setembro, o luns 4 ou o martes 5. O horario para estes trámites é o de oficina (de 9:30 a 13:30).

Para consultar as listaxes (provisionais ou definitivas) podedes acudir ao centro ou chamar por teléfono no horario de oficina correspondente. 981311813