Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Ludy.

Ao abeiro do decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e do decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, no noso colexio hai un equipo que traballa pola normalización e dinamización da nosa lingua en todos os ámbitos da comunidade escolar.
Coordinadora:
- Elena Ramos Breijo
Compoñentes:
- Raquel Pérez Rey
- Xil López Sánchez
- Manuela López Rodríguez
- Entrevista a Pilar Patinho, amiga de Begoña Caamaño.O pasado venres 15 de maio, co gallo da festa das letras, alumnado de 5º tivo a posibilidade de entrevistar á profesora de lingua, veciña do barrio na súa infancia e amiga da homenaxeada nas letras deste ano (Begoña Caamaño).
- Entrevista ao escritor Ramón D. Veiga na nosa radio.Durante a visita do escritor á clase de 2º non deixamos pasar a oportunidade para inmortalizar preguntas do alumnado e respostas do escritor na nosa radio. Este curso en 2º leran dous libros do mesmo “Maios e desmaios” e “Meigas fóra”.
- Entrevista a Fina CasalderreyO pasado luns 13 de abril a escritora Fina Casalderrey visita o colexio e en concreto a aula de 5º de Primaria. O alumnado lera no primeiro trimestre do curso o seu libro “Dúas bágoas por Máquina”. A académica compartiu unha sesión chea de consellos e anédotas, literarias e non. E tivemos un anaquiño para…
- O Mensaxeiro Ludicol 24
- Recitado colectivo. Día de Rosalía 2026.Un ano máis profesorado e alumnado do Ludy recita a Rosalía. Desta volta “Adios”.
