Somos conscientes da tarefa pendente coa sociedade actual. O mundo laboral, a diversidade de horarios e o ritmo actual de vida non poñen doado a conciliación coa familia e os seres queridos.

É por iso que no Colexio Ludy ofrecemos a posibilidade dun servizo de garda de recollida do alumnado máis aló das 14 horas, un comedor escolar con posibilidades de recollida ás 15 e 16 horas e un servizo de madrugadores desde as 7:30 da mañá.

Servizos LUDYCONCILIA curso 2022/2023

  • O servizo de MADRUGADORES terá a entrada pola aula de 3 anos (Rúa Ourense) a partir das 7:30, ben como servizo de almorzos ou como gardería. A hora límite de entrada para os almorzos será ás 8:30 e para o servizo de gardería 8:45.
  • O servizo de COMEDOR terá dous quendas de saída, 15:00 ou 16:00 horas, pola porta principal.
  • O servizo de SAÍDAS TARDÍAS será de 14:05 a 14:30 (non fraccionable).