Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido no noso centro para o curso 2024-2025

Desde hoxe está publicada a listaxe do alumnado admitido que solicitou praza no noso centro para o curso 2024-25. Para consultala pode facerse no taboleiro interior do centro ou ben chamar ao noso teléfono (981311813) preguntando pola mesma. O prazo de formalización da matrícula, necesario, será entre o 20 e 30 de xuño. A Dirección.

Solicitudes de Admisión novo alumnado para o curso 2024-2025

Desde o 1 ata o 20 de marzo pódense presentar solicitudes de admisión. Os impresos, así como toda a información e resolución de dúbidas, no propio centro ou contactando directamente. Do mesmo xeito aínda é posible concertar citas personalizadas co Equipo Directivo para coñecer as instalacións e o proxecto educativo. Tamén dispoñible na plataforma de…

Día do Entroido e desfile

Por mor dos últimos cambios na previsión meteorolóxica confirmamos definitivamente que o día de Entroido será o venres 16 (día no que desfilaremos pola rúa a partir das 12 h. e no que o alumnado deberá vir de negro como base para os disfraces). Recoméndase que os grupos que non teñen protocolo de alerxias traian…

ENTROIDO 2024

Como en anos anteriores, o noso MECO  indicará desde hoxe venres os mandatos a seguir desde o luns 5 ao xoves 8. Os mestres titores encargaranse de explicalo ao alumnado e tamén estará no propio boneco e nas redes sociais do colexio diariamente. Como adianto vai tamén van tamén ao final desta circular. O venres…

RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2024-2025)

Comeza o prazo para facer efectiva a Reserva en 1º da ESO no centro do que o Colexio Ludy é adscrito, o IES Concepción Arenal. Este prazo abrangue desde hoxe,15 de xaneiro até o 5 de febreiro. O alumnado de 6º curso de Primaria levará o anexo correspondente para formalizar dita solicitude. Unha vez cumprimentada…